miércoles, 5 de noviembre de 2014

ARTIGO DE INTERESE

DISCAPACIDADE PROVOCADA POLO ACOSO ESCOLAR

     Segundo un artigo publicado no día de hoxe polo xornal Faro de Vigo, a Junta de Castilla y León recoñeceu recentemente un grado de discapacidade dun 33% a un neno de 15 anos polas secuelas psicolóxicas que lle ocasionou sofrir acoso escolar repetitivo durante cinco anos, sendo a primeira vez que en España se concede un grado de discapacidade asociaco a un caso de "bullying".

Vai sendo hora de que os nenos e nenas, pais e profesionais da da educación, sociedade e xudicatura deixen de tratar o acoso escolar coma "cousas de nenos" e tomen conciencia dos graves problemas que pode ocasionar na saúde psíquica e física dos nosos fillos e fillas, problemas que no mellor dos casos precisan e melloran co tratamento e o paso do tempo, pero que noutros leva á toma de decisións drásticas e sen volta atrás por parte dos afectados.

Foto: DISCAPACIDADE PROVOCADA POLO ACOSO ESCOLAR

ACTIVIDADE PROPOSTA

PROXECTO "ENKI" CORUÑA

     Organizado pola Fundación Abrente, o Concello de A Coruña e a Fundación María José Jove, tratándose dun proxecto social para a integración e a visualización de colectivos de persoas con discapacidade.

     No seu programa de actividades están: 
- a praza da solidariedade: o sábado 29 de novembro, de 12 a 20h, no frontón largo e explanada da Cidade Deportiva de Riazor.
- a verbena solidaria: tamén o sádado 29, ás 21h, no frontón de Riazor.
- a carreira pola integración: a partires das 11h do domingo 30 de novembro, na Cidade Deportiva de Riazor.

     Animádevos a participar nestas actividades! 
Diversión e inclusión poden ir da man!

martes, 4 de noviembre de 2014

PROGRAMA SOCIAL

PROGRAMA "XUNTOS POLO NADAL"

     A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaria Xeral de Política Social organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopan soasnestas datas, xa sexa pola carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

   En total ofértanse 240 prazas. A recollida das persoas participantes efectuarase o dia 23 de decembro pola mañá e o regreso o dia 2 de xaneiro despois do xantar.

     As solicitudes, acompañadas do informe social e a declaración responsable, formularanse nos modelos deseñados ao efecto e poderanse presentar ata o 15 de novembro, incluído, nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde ou hospitais, nas xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

     Aquí podedes atopar toda a documentación necesaria:

ACTIVIDADE PROPOSTA

XIV CERTAMEN NACIONAL DE PINTURA "ARTE SIN BARRERAS"

     Convocado pola Asociación de Discapacitados de Albacete (AMIAB) co obxectivo de concienciar á sociedade das barreiras que limitan ás persoas con discapacidade.

       Pode participar calquera persoa, con ou sen diversidade funcional, e o prazo de presentación das obras (cuxa temática obrigatoriamente será a discapacidade) remata o 24 deste mes.

        Tedes máis información no seguinte enlace:

Foto: XIV CERTAMEN NACIONAL DE PINTURA "ARTE SIN BARRERAS"

Convocado pola Asociación de Discapacitados de Albacete (AMIAB) co obxectivo de concienciar á sociedade das barreiras que limitan ás persoas con discapacidade.

Pode participar calquera persoa, con ou sen diversidade funcional, e o prazo de presentación das obras (cuxa temática obrigatoriamente será a discapacidade) remata o 24 deste mes.

Tedes máis información no seguinte enlace:
http://albacetecapital.es/amiab-convoca-el-xiv-certamen-de-pintura-arte-sin-barreras/

ARTIGO DE INTERESE

ACTIVIDADE PROPOSTA

XVII CONCURSO DE DEBUXO DE NADAL

     Organizado pola Asociación AMBAR de Persoas con Diversidade Funcional e o Centro Sociocomunitario de Pobra do Caramiñal.

     Os participantes deben ser persoas con diversidade funcional que terán que acreditala documentalmente. O debuxo reflictirá o espírito do Nadal e a técnica será libre en soporte DINA4.

     O prazo de presentación das obras remata o día 20 deste mes.

     Tedes toda a información no seguinte enlace:

ACCIÓN REIVINDICATIVA

A VOZ DE ASPANEMI NA PRENSA

      A petición de ASPANEMI ao Concello de Narón de bambáns adaptados para que todos os nosos nenos e nenas, con ou sen dificultades, poidan disfrutar por igual do seu tempo de lecer, e acadar desta maneira un mellor e máis axeitado desenvolvemento psicosocial, ten a súa repercusión na prensa escrita da comarca. 

     Ogallá poidamos chegar así a unha maior concienciación social sobre o feito da diversidade e a necesidade de inclusión en tódolos ámbitos e en todas as idades.